venres, 26 de xullo de 2013

As fotos da sesión de Branco e Negro





Estas son as fotos da sesión fotográfica que fixemos para a exposición Branco e Negro.Moitas grazas os colaboradores da sesión. O resultado final tedes que vir a velo en persoa. Recordade Espacio Emao (rúa Rosalía de Castro esquina rúa Pontevedra) de luns a vernes de 19h. a 21h. ata finais de setembro (agosto pechado)

luns, 15 de xullo de 2013

Branco e Negro




Estades todos convidados a pasar pola Exposición Branco e Negro, unha mostra na que participan todas as especialidades con obxetivo de mostrar o que fai o noso alunmado.
A especialidade de Moda e Confección mostrará dous modelos inspirados nos anos 50, época de grandes divas para grandes modistos.
Vémonos

mércores, 3 de xullo de 2013

Entrega de diplomas

 Parabéns a todos os que xa forman parte da historia da Escola. Mañá xoves 4 de xullo ás 18:00 horas, na Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios, tera lugar o acto de entrega de diplomas de fin de estudos a cada unha das persoas que remataron os seus estudos no curso 2012-2013. Contaremos coa actuación musical a cargo do grupo de clarinetes da Escola Municipal de Música de Vigo.

martes, 2 de xullo de 2013

As nosas primeiras saias

Din que antes de empezar a correr hai que saber andar ( e tropezarse).Estas son algunhas das saias feitas polos alumnos de Iniciación.






luns, 1 de xullo de 2013

Benvidos!!!

Estreamos este mes de Xullo cos traballos dos alumnos de EMAO na especialidade de Moda e Confección. Prendas realizadas na clase desde Xaneiro, non foi moito tempo pero desde logo nótanse a ganas de traballo que teñen os nos alumnos. O curso que ven máis!