xoves, 11 de setembro de 2014

martes, 29 de xullo de 2014

Para os que aínda non foron á exposición de Novos Produtos, recordarvos que estará aberta ata o 8 de outubro de luns a vernes de 19 a 21h e que no mes de agosto permanecera pechada. Este foi o traballo que presentou Perfeccionamento II de Moda e Confección.






xoves, 17 de xullo de 2014

Aberta a matricula curso 2014-2015

Xa está aberta a matrícula para o novo alumnado do curso 2014-2015. O horario dispoñible para Moda e Confección é Martes e Xoves de 16 a 18:30. Animádevos e faredes cousas como estas...

mércores, 26 de marzo de 2014

A Nancy está de Moda

Aqui deixovos o enlace a un blog que me fixo sorrir, non sei si porque recordei cando era nena ou por os modelos que ten esta Nancy.

http://nancycristina.blogspot.com.es/2011/12/nancy-y-sus-vestidos-confeccion-propia.html


xoves, 6 de marzo de 2014

Moda histórica




O outro día pasaronme unhas páxiñas de moda histórica moi interesantes. Deixovos unha mostra do que podedes atopar nelas.

http://omgthatdress.tumblr.com/
http://fripperiesandfobs.tumblr.com/






Ensemble
Madeleine Vionnet, 1927
The Los Angeles County Museum of Art
Evening Dress
Madeleine Vionnet, 1932-1934
The Victoria & Albert MuseumEvening Dress
Madeleine Vionnet, 1935
The Metropolitan Museum of Art

martes, 28 de xaneiro de 2014

Colaboración con Serigrafía Artística

No primer trimestre deste curso os alumnos de Serigrafía e os de Moda fixeron unha colaboración na estampación e confección de mandís de cociña. A imaxinación fixo o resto...

xoves, 16 de xaneiro de 2014

Camisas novas

A confección dunha camisa é laboriosa, montar o corpo, as mangas, os puños...pero o resultado merece a pena.





Estas camisas fixéronas as alumnas de Perfeccionamento II nos primeiros meses de clase. Con este traballo tamén están as alumnas de Perfeccionamento I pero con traballo dos mandís van un pouco máis retrasadas. Aínda que algunha xa rematou.




mércores, 15 de xaneiro de 2014

Todos de estrea


Xa temos modeliños novos de saias. Todas son faldas moi sinxelas pero a tea pode darmos un toque especial.

xoves, 2 de xaneiro de 2014

¡Feliz ano novo!

Comezamos un novo ano cargadiño de novos proxectos na aula de Moda da Emao. Nestos tres primeiros meses fixemos moitos avances, como o primer traballo do curso de iniciación; bolsas prar traer o material a clase.