martes, 28 de xaneiro de 2014

Colaboración con Serigrafía Artística

No primer trimestre deste curso os alumnos de Serigrafía e os de Moda fixeron unha colaboración na estampación e confección de mandís de cociña. A imaxinación fixo o resto...

xoves, 16 de xaneiro de 2014

Camisas novas

A confección dunha camisa é laboriosa, montar o corpo, as mangas, os puños...pero o resultado merece a pena.





Estas camisas fixéronas as alumnas de Perfeccionamento II nos primeiros meses de clase. Con este traballo tamén están as alumnas de Perfeccionamento I pero con traballo dos mandís van un pouco máis retrasadas. Aínda que algunha xa rematou.




mércores, 15 de xaneiro de 2014

Todos de estrea


Xa temos modeliños novos de saias. Todas son faldas moi sinxelas pero a tea pode darmos un toque especial.

xoves, 2 de xaneiro de 2014

¡Feliz ano novo!

Comezamos un novo ano cargadiño de novos proxectos na aula de Moda da Emao. Nestos tres primeiros meses fixemos moitos avances, como o primer traballo do curso de iniciación; bolsas prar traer o material a clase.